miércoles, 16 de noviembre de 2011

ACTTIVIDADE Nº 5

Se consultas a entrada de METEOROLOXÍA POPULAR poderás atopar a solución a esta actividade.


Nº 1 Un día de verán facendo un sendeiro escoitamos cantar aos grilos. Mirando ao reloxo durante 15 segundos e contando os cric-crics dos grilos contas 50 cric-crics.
Tes que tratar de averiguar que temperatura aproximada hai no aire. Na túa resposta debes explicar como o calculaste.

Nº 2 Noutro sendeiro polo bosque escoitamos durante varias ocasións un cu-cú, cu-cú,... Saberias dicir, a) en que estación do ano estamos e, b) por que o sabes?

ACTIVIDADE Nº 3

Nesta actividade terás que averiguar a que árbore corresponde cada foto; deberás indicar :

Nº da foto:......
Nome científico:.............................
Nome galego:.................................
Nome castelán:...............................

Podes consultar neste mesmo blog de sendeirismo 2 na páxina de vexetación.

A continuación tes as imaxes :

Nº1


Nº2


Nº3



Nº4


Nº5


Nº6



Nº7



Nº8



Nº9


Nº10


Nº11


Envía as túas respostas ao meu correo electrónico.

martes, 15 de noviembre de 2011

ACTIVIDADE Nº2 .OS PIÑEIROS

A IDENTIFICACIÓN DOS PIÑEIROS MEDIANTE UNHA CLAVE

As claves serven para identificar a especie dun determinado ser vivo. Aprender a empregalas é doado, só require un pouco de práctica , paciencia e ser observador. A clave que vai a continuación é válida para identificar case todos os piñeiros que hai en España.

COMO USALA :

a) Debes comezar sempre polo nº1.
b) A continuación le as dúas opcións que te ofrecen e elixe unha delas.
c) Na parte da dereita dirache o nome da especie que se trata ou te mandará a outro número.


1. Agullas de 20-30 cm de lonxitude ..........................................................................Pinus canariensis
    Agullas de menos de 20 cm de lonxitude ...............................................................Ir ao nº2
2. Agullas en grupos de 3 ...........................................................................................Pinus radiata ou insignis (Piñeiro de Monterrei)
    Agullas en grupos de 2 ............................................................................................Ir ao nº3
3. Copa densa en forma de parasol con sementes (piñóns) comestibles .....................Pineiro piñoneiro ou Pinus pinea.
    Copa irregular ou piramidal e piñóns pequenos non comestibles ...........................Ir ao nº4
4. Piñas sobre un pedúnculo propio ben visible ..........................................................Pinus halepensis ou Piñeiro carrasco.
Piñas pegadas ás pólas ou cun pequeno pedúnculo .....................................................Ir ao nº5
5. Xemas non resinosas e follas ríxidas. Copa irregular ...................................  Pinus pinaster ou Piñeiro marítimo.
Xemas resinosas e follas doutro tipo ............................................................................Ir ao nº6
6. Follas flexibles de 8-16 cm de lonxitude...................................................................Pinus nigra ou Piñeiro negral.
Follas ríxidas de 2-8 cm de lonxitude ..........................................................................Ir ao nº7
7. Parte superior do tronco alaranxada .........................................................................Pinus Sylvestris
Parte superior do tronco grisácea ................................................................................. Pinus mugo ou Piñeiro negro

ACTIVIDADE Nº 2

A continuación tes tres fotografías de piñeiros que podes atopar na nosa ría ; utilizando a clave anterior identifica a especie de que se trata.

Nº 1               NOME CIENTÍFICO.........................NOME GALEGO........................................



Nº 2  NOME CIENTÍFICO....................NOME GALEGO.........................



Nº3   NOME CIENTÍFICO................. NOME GALEGO................................




SE QUEDES ACADAR PUNTOS PARA SENDEIRISMO MANDA AS TÚAS RESPOSTAS AO MEU ENDEREZO  DE   E-MAIL.

martes, 8 de noviembre de 2011

ACTIVIDADE Nº 4

                                                                    

FOTO Nº1

Nesta 1ª fotografía tes que contestar como se chaman os montes que aparecen ao fondo  de esquerda á dereita :
1.-.............................................................(Na súa base hai petroglifos de armas)
2.-.............................................................(Nel practícase a escalada)
3.-............................................................. (Son dous montes, un deles ten unha capela)
4.-.............................................................(Nel hai restos dun castro)
5.-.............................................................( Unha parroquia de Vigo ten o mesmo nome que estes montes)


 A fotografía está tomada dende Moaña.

FOTO Nº2

Na nº 2 tes que dicir o nome deste cume. A foto está tomada dende Moaña.
Pista: Dende as fiestras do colexio podes velo.

FOTO Nº3
 Nº 3 : a)Como se chama este promontorio?
           b)Que restos arqueolóxicos (hai 2) podemos atopar no seu cume?
           c) A que deus están adicados uns achádegos que se fixeron aquí?
           d) Que significa a inscripción " DEO LARI BEROBREO ARAN POSUIT PRO SALUTE"




FOTO Nº4
A cousa vaise complicando: A ver se es quen de adiviñar e contestar ás seguintes preguntas sobre a foto nº4 :
a) Monte que ten a capela que aparece no primeiro plano.
b) Monte máis baixo a carón do monte da capela ( á súa dereita), tamén en primeiro plano.
c) Cidade que está aos pés destes dous montes e que dá nome á primeira ría que ves.
d) Península alongada ao outro lado do mar.
e) Illa alongada que se ve ao fondo.
f) Ría que se ve ao fondo que está protexida por esta illa.
g) Península que se ve ao final da foto baixo as nubes.

AXÚDATE CUN MAPA DAS RÍAS BAIXAS.

FOTO Nº5
FOTO Nº5 :
a) Como se chama esta serra?
b) En que monte preto de Tui acaba esta serra?



FOTO Nº6

FOTO Nº6 :
a) Como se chama este cabo ? (Fíxate no faro)
b) Como se chaman as illas que se ven ao fondo?


FOTO Nº7
FOTO Nº 7

a) Como se chama este monte?
b) Como se chama a capela que aparece no seu cume?
c) Que houbo neste monte na prehistoria?
d) Que houbo neste monte na Idade Media?
e) A quen pertence o escudo que hai na fachada da capela?

(No blog do sendeiro a este monte podes atopar información)


FOTO Nº 8

FOTO Nº8
a) Que dúas rías aparecen na foto?
b) Como se chama a península alongada que hai entre as dúas rías?

jueves, 3 de noviembre de 2011

METEOROLOXÍA POPULAR

ANIMAIS E PLANTAS: UNS METEORÓLOGOS MOI FIABLES

Os animais e as plantas cando se aveciñan cambios de tempo compórtanse de xeito diferente a como soen facelo habitualmente. Dende hai miles de anos o ser humano observou moi de preto ao resto dos seres vivos para predicir a chegada de épocas de seca ou de chuvia, sobre todo dende que o ser humano se fixo agricultor e gandeiro.
Algunhas aves, por exemplo, axustan os seus vos aos cambios de temperatura, humidade, presión e densidade do aire; nos días moi calorosos voan a moita altura, deixándose levar polas correntes cálidas ascendentes.
Pola contra, cando se aproxima unha tormenta o seu vo pode ser máis baixo do habitual e cunha traxectoria circular.
Cando as andoriñas e vencellos voan alto na percura de insectos é un sinal de que a atmosfera presenta signos de inestabilidade e o risco de tormenta pode ser inminente. Isto débese a que durante as tardes cálidas e abafantes, o aire quente, que pesa menos que o aire frio, ascende e lévase consigo aos insectos e son precisamente estas correntes cálidas ascendentes as que van unidas ao tempo tormentoso.

Cando regresan as aves migratorias é un signo claro de que a primavera está a piques de chegar.
O cuco : a súa chegada tamén nos indica a chegada da primavera.
Os insectos tamén son bos meteorólogos:
As abellas soen volver ao seu panal cando se aproxima unha tormenta. Cando no outono hai máis abellas do habitual e semellan moi activas nos están predicindo un inverno frío e con abondosas nevadas.
As formigas: se se amosan moi activas e marchan en liña recta indican un tempo chuvioso ou máis inestable.
Pero o insecto máis preciso á hora de darnos información sobre o tempo é o grilo. Este insecto aumenta o número de "cric-crics" a medida que sobe a temperatura do aire debido a que o aire quente acelera o seu metabolismo. Debido a este fenómeno, o grilo é un bo termómetro, xa que se contamos o número de "crics" que emiten por cada minuto poderemos calcular a temperatura aproximada do aire.
Uns científicos americanos, que estudaron durante anos a estes insectos, elaboraron unha fórmula que podemos utilizar para coñecer a temperatura aproximada do aire. A fórmula é a seguinte:

Temperatura do aire =  Nº Crics por minuto  - 9
                               5


Debemos facer como cando nos tomamos o pulso, é dicir, contar o nº de crics en 15 segundos e multiplicando por 4 obteremos o nº de crics por minuto.

Cando as vacas sentan ou agrúpanse nun extremo dun campo están indicando que vai chover. Sentan para manter a parcela de herba seca e xúntanse buscando protección.


En Estados Unidos de América existe o "día da marmota do tempo", é o día 2 de febreiro, se ese día cando sae do seu acubillo, chimpa e volve a meterse nel é porque viu a súa propia sombra e asustouse. Neste caso, permanecerá no seu acubillo hibernando 6 semanas máis. A explicación deste comportamento é que se o sol brilla intensamente no inverno e porque predomina o aire polar moi seco e frío; se non fora así a marmota non vería a súa sombra a causa da nubosidade  e un aire máis húmido e cálido indicarían que a chegada da primavera é inminente e a marmota, animal moi durmiñón, pondría fin á súa hivernación.


As rás  son expertas en  cambios da presión atmosférica xa que comezan a croar máis intensamente ante as proximidades de baixas presións (borrascas) que traen o tempo chuvioso. Tamén soportan moi mal a falta de humidade na pel; polo que, cando o aire é moi seco, permanecen máis tempo na auga e cando é algo máis húmido saen fóra.


A actividade tecedora das arañas tamén está relacionada  con situacións estables e tranquilas: tecen máis cando o tempo é mellor, e pola contra tecen menos cando o tempo é chuviosos, pois a chuvia estragaría as súas delicadas teas.


As piñas soen pecharse cando hai moita humidade e poden anticipar chuvia.