MATERIAIS

Unha das cosas máis importantes e que  vai facer que os nosos paseos pola natureza sexan agradables é empregar un CALZADO AXEITADO. Nunca debemos empregar botas ou zapatillas deportivas que sexan novas ou estean pouco usadas, pois acabaremos cos pés cheos de bochas e rozaduras. Cando fagamos un sendeiro que non teña moita dificultade podemos levar unhas zapatillas deportivas ou "tenis"; pola contra, se imos camiñar pola montaña deberemos levar unhas boas botas que nos suxeiten e protexan ben o pé.
É moi importante hidratarse ben os pés cunha crema antes de saír a camiñar, e mesmo facelo regularmente, deste xeito evitaremos moitos problemas.
O clima é moi cambiante, mesmo en días que en principio se presentan bos, pode cambiar; na montaña baixan e soben rapidamente as temperaturas, e pode pasar de facer moita calor a facer frío e mesmo  chover; polo tanto, debemos levar na mochila algunha prenda de abrigo e algún chuvasqueiro lixeiro ou un pequeno paraugas.
Non debemos sobrecargar a mochila, só debemos levar o imprescindible, deixa consolas, xogos e aparellos de música na casa, e disfruta dos sons da natureza, aprende a"ESCOITAR A NATUREZA".
Leva sempre FROITOS SECOS dáranche enerxía e evitarán que teñas maniotas.
En canto ás bebidas, a auga é o que mellor che vai a quitar a sede e lembra: NON ESQUEZAS NUNCA A AUGA. 
Uns prismáticos pequenos e unha cámara resultan moi útiles.
Debes levar sempre un CADERNO DE CAMPO onde podas facer anotacións de todo tipo : fauna, vexetación, debuxos,...
Unhas tiritas, que non son moi pesadas, poden evitarte pasar un mal rato.
Se vai moito sol procura levar sempre crema de protección solar e unha viseira.
CONTINUARÁ ...