O MONTE DO FACHO
OS PUNTOS BERMELLOS CORRESPONDEN AO SENDEIRO QUE FIXEMOS |
O monte do Facho atópase como sabes, na península do Morrazo, preto da aldea de Donón e dentro da parroquia de San Andrés de Hío, no municipio de Cangas (Pontevedra).
No Monte do Facho hai restos materiais de tres etapas prehistóricas diferentes:
a) Un poboado da Idade do Bronce.
b)Un castro ou poboado da Idade do Ferro.
O SANTUARIO DO DEUS BEROBREO
Un santuario é un lugar ou un templo onde se venera a imaxe ou reliquia dun santo. Tamén pode ser unha ermida.
Berobreo era un deus sanador ao que a xente acudía para pedirlle que sanase as súas doenzas.
ARA ADICADA A BEROBREO |
Polo ano 1960, Enrique Massó percorreu o litoral do Morrazo na procura de información que axudase a recoñecer e identificar poboados antigos. As primeiras aras que atopou foron depositadas no Museo Municipal de Vigo "Quiñones de León".
ENRIQUE MASSÓ COAS ARAS ATOPADAS EN 1962 |
Enrique Massó preguntáballe aos veciños de Donón se viran algunha das "pedras" (referíase ás aras )mentres estes araban a terra ou andaban co gando polo monte. A xente de Donón lembraba estas aras porque tiñan letras e debuxos.
ÁLVAREZ BLÁZQUEZ E PEDRO DÍAZ COAS ARAS ANTES DE SER TRASLADADAS AO MUSEO MUNICIPAL DE VIGO (1962) |
Xa nos anos 70 Xosé Suárez Mariño, percorreu a zona e atopou máis destas aras.
Finalmente no 2003 deron comezo as primeiras escavacións arqueolóxicas dirixidas por Xosé Suárez Otero.
As aras apareceron nos arredores do monte do Facho e en total había unhas 150.
AS ARAS
Un ara é o nome latino do altar de época romana, onde habitualmente se realizaba un sacrificio simbólico ou libación (viño,aceite ou leite) en ofrenda a unha divinidade, neste caso en honor do deus Berobreo. As ofrendas realizábanse nun pequeno oco da parte superior da ara chamada focus.
A xente peregrinaba ata o cume do monte do Facho e depositaba alí a ara. Despois rezaba e facía a libación, botando leite, viño ou aceite por riba do focus e pedíalle ao deus Berobreo que os sanase. A incripción que levan as aras en latín es sempre a mesma :
"DEUS LARI BEROBREO ARAM POSUIT PRO SALUTE"
que significa : " DEUS LAR BEROBREO PÓÑOTE ESTA ARA PARA QUE ME DEAS SAÚDE".
A ara era en si mesma unha ofrenda; pero podían levar tamén outras ofrendas como colares, algunha moeda e outras descoñecidas dentro de cofres de madeira dos que so quedaron os cravos.