viernes, 2 de diciembre de 2011

O FACHO DE DONÓN E O ALTAR DE BEROBREO

O MONTE DO FACHO


OS PUNTOS BERMELLOS CORRESPONDEN AO SENDEIRO QUE FIXEMOS


O monte do Facho atópase como sabes, na península do Morrazo, preto da aldea de Donón e dentro da parroquia de San Andrés de Hío, no municipio de Cangas (Pontevedra).
No Monte do Facho hai restos materiais de tres etapas prehistóricas diferentes:
a) Un poboado da Idade do Bronce.
b)Un castro ou poboado da Idade do Ferro.
c) e un santuario de época galaico-romana.

O CASTRO DO FACHO DE DONÓN

O SANTUARIO DO DEUS BEROBREO

Un santuario é un lugar ou un templo onde se venera a imaxe ou reliquia dun santo. Tamén pode ser unha ermida.
Berobreo era un deus sanador ao que a xente acudía para pedirlle que sanase as súas doenzas.


ARA ADICADA A BEROBREO

Polo ano 1960, Enrique Massó percorreu o litoral do Morrazo na procura de información que axudase a recoñecer e identificar poboados antigos. As primeiras aras que atopou foron depositadas no Museo Municipal de Vigo "Quiñones de León".

ENRIQUE MASSÓ COAS ARAS ATOPADAS EN 1962



Enrique Massó preguntáballe aos veciños de Donón se viran algunha das "pedras" (referíase ás aras )mentres estes araban a terra ou andaban co gando polo monte. A xente de Donón lembraba estas aras porque tiñan letras e debuxos.


ÁLVAREZ BLÁZQUEZ E PEDRO DÍAZ COAS ARAS ANTES DE SER
TRASLADADAS AO MUSEO MUNICIPAL DE VIGO (1962)                  

Xa nos anos 70 Xosé Suárez Mariño, percorreu a zona e atopou máis destas aras.
Finalmente no 2003 deron comezo as primeiras escavacións arqueolóxicas dirixidas por Xosé Suárez Otero.
As aras apareceron nos arredores do monte do Facho e en total había unhas 150.

AS ARAS

Un ara é o nome latino do altar de época romana, onde habitualmente se realizaba un sacrificio simbólico ou libación (viño,aceite ou leite) en ofrenda a unha divinidade, neste caso en honor do deus Berobreo. As ofrendas realizábanse nun pequeno oco da parte superior da ara chamada focus.
A xente peregrinaba ata o cume do monte do Facho e depositaba alí a ara. Despois rezaba e facía a libación, botando leite, viño ou aceite por riba do focus e pedíalle ao deus Berobreo que os sanase. A incripción que levan as aras en latín es sempre a mesma :

"DEUS LARI BEROBREO ARAM POSUIT PRO SALUTE"
que significa : " DEUS LAR BEROBREO PÓÑOTE ESTA ARA PARA QUE ME DEAS SAÚDE".

A ara era en si mesma unha ofrenda; pero podían levar tamén outras ofrendas como colares, algunha moeda e outras descoñecidas dentro de cofres de madeira dos que so quedaron os cravos.
Pasado o tempo había tantas aras que as tiveron que facer máis delgadas e altas para que colleran todas no santuario.





No hay comentarios:

Publicar un comentario