OBSERVAR AVES EN VIGO


GARZA REAL (Ardea cinerea)
En calquera sitio podes observar aves, na cidade, nos parques da Bouza, Castrelos, o Castro, a Guía... e xardíns, polo paseo do Lagares, en todas as illas : Cíes, Toralla, Illas Alvedosas..., o único que debes ter é paciencia..., pero hai lugares especiais da nosa ría e da nosa provincia onde ou ben porque son lugar de parada das aves migratorias que descansan antes de seguir as súas longas viaxes ou ben porque son lugares que polas súas condicións  son preferidos das aves.
Imos entón a ver cales son eses lugares, na páxina de sendeirismo, na etiqueta "SENDEIRO DO LAGARES 2"  tes unha representación de algunhas destas aves, así que cando teñas tempo libre achégate a algún destes sitios, colle os prismáticos e a cámara e, por que non, un caderno de campo onde podas facer anotacións, sería importante, se te aficionas á observación das aves, que leves sempre unha guía de aves, e, por suposto ármate de paciencia.
 O outono é unha boa época para esta actividade, pois, sen ir moi lonxe, podes ver interesantes exemplares, por exemplo, na Xunqueira do Lagares.
Entre outros lugares vou recomendarche os seguintes, comezando polos que están máis preto de nós :

SERRA DO GALIÑEIRO, ALBA-CEPUDO,MARCOSENDE, A MADROA-VIXIADOR...
Todos os montes que rodean Vigo, amais de ser un excelente miradoiro da ría, tamén son bos lugares para observar todo tipo de aves, pero sobre todo poderás observar con prismáticos exemplares como os Miñatos e outras aves rapaces diurnas...

MIÑATO (Buteo buteo)

Unhas veces poderás albiscalo ao lonxe á percura de comida, en pleno vo. Noutras ocasións, pode que teñas a sorte de sorprendelo nunha árbore ou nun posete dun valado,...
MIÑATO (Buteo buteo)
Por suposto, poderás observar outras moitas aves, grandes e pequenas...

A XUNQUEIRA DO LAGARES :
 como xa expliquei antes, e sobre todo no outono, poder ver Garzas reais, garcetas, diferentes tipos de parrulos,aves limícolas, corvos mariños, ás veces secando as ás nunha rocha, diferentes tipos de gaivotas...
AS GÁNDARAS DE BUDIÑO :
Tamén moitas aves acuáticas, aves silvícolas, especies raras, nesta zona, malia a ter sido maltratada polo home, existe unha gran biodiversidade.

A FOZ DO RÍO MIÑOR-PASEO ENTRE A RAMALLOSA E BAIONA:
 Mesmas aves que no anterior.
ILLAS CÍES :
Colonias nidificantes de gaivota patiamarela e corvos mariños cristados,...
ENSEADA DO GROVE-DUNAS DA LANZADA:
Na enseada do Bao invernan importantes poboacións de zancudas. Nas dunas, aves esteparias e do areal.
ENSEADA DE SAN SIMÓN-SALINAS DE ULLÓ:
zona de invernada de patos e parrulos, limícolas e garzas que aproveitan a riqueza de pradeiras de ZOOSTERA e a abundancia de invertebrados para alimentarse...
ILLA DE ONS:
Aves mariñas, colonias de gaivotas e corvos mariños cristados,...

Sempre que vaias andando polo monte ou á beira dun río...podemos escoitar un son bastante estridente, moitas veces non vemos de que ave procede ese estraño son...pois ben trátase dun GAIO AZUL(Garrulus glandarius), moi abundante nos nosos bosques, ten paciencia, pois é bastante desconfiado, e só en raras ocasións, permite que o vexamos de preto.



<><> </> <><> </>
GAIO AZUL (Garrulus glandarius)



A CATA OU COTORRA COMÚN (MYOPSITTA MONACHUS)


En Vigo, polo Lagares, en Toralla (Finca Mirambel), Parque de Castrelos,... e, en xeral extendida por todo Vigo, podemos ver e escoitar ás ruidosas bandadas de  cotorras procedentes de Sudamérica e que debido ás soltas de mascotas, adaptáronse ao noso entorno.
A súa plumaxe é verde brillante, coas ás verdes azuladas; fronte, meixelas,peito e gorxa e peito  de cor gris clara, a súa cola e longa e puntiaguda e de cor verde como o dorso; o peteiro é ocre e as patas grisáceas.






Orixinaria de Sudamérica, é introducida polo ser humano, ao mercala engaiolada e liberala despois fixo que se extendera por América do Norte e Europa.




COMPORTAMENTO


Soe voar en numerosas bandadas a gran velocidade, sen erguer nunca as súas ás por riba do corpo e aletexando de seguido.
É quen de emitir unha ampla variedade de berros e grañidos, aínda que non é quen de vocalizar e imitar palabras. Só cando son criadas en cautividade, dende que son pichóns e se lles ensina, aprenden melodías, reproducíndoas con asubíos e tamén poden cantar cancións, pois teñen moi boa memoria.




ALIMENTACIÓN


É principalmente granívora, na natureza aliméntase de sementes de plantas, tanto silvestres como cultivadas. Das primeiras, destacan as sementes de cardo; das cultivadas , ten preferencia polo sorgo, o millo e o arroz. Tamén consume froitos e flores , así como insectos adultos e larvas destes. Mesmo poden comer carne de animais mortos.
Cando están en cautividade poden comer pan, galletas, hortalizas, carne e outros alimentos.

REPRODUCCIÓN

Son aves altamente gregarias, viven en grandes grupos. Constrúen un niño, ao contrario da maioría dos loros. O niño é comunitario e de gran tamaño e é compartido por un bo número de parellas, e o sitúan en árbores  ou estructuras artificiais como torres ou tendidos eléctricos,...
A posta é de entre 5-8 ovos e a incubación soe durar 28 días. Os ovos adáptanse a calquera tipo de climas temperados ou tropicais, e isto sucede pola protección térmica que proporcionan aos ovos estes niños coloniais.





DEPREDADORES


Os seus principais depredadores son as aves rapaces e a denosiña ( Lutreolina crassicaudata).


Foi introducida en Vigo, e en España en xeral, como mascota asilvestrada e fai a competencia e despraza a especies autóctonas como o merlo(Turdus merula) e a pega (Pica pica).
Na páxina de Tourgalicia tes máis información sobre aves e lugares de Galicia interesantes para a súa observación, pincha na marxe esquerda onde di :