viernes, 2 de diciembre de 2011

O FACHO DE DONÓN E O ALTAR DE BEROBREO

O MONTE DO FACHO


OS PUNTOS BERMELLOS CORRESPONDEN AO SENDEIRO QUE FIXEMOS


O monte do Facho atópase como sabes, na península do Morrazo, preto da aldea de Donón e dentro da parroquia de San Andrés de Hío, no municipio de Cangas (Pontevedra).
No Monte do Facho hai restos materiais de tres etapas prehistóricas diferentes:
a) Un poboado da Idade do Bronce.
b)Un castro ou poboado da Idade do Ferro.
c) e un santuario de época galaico-romana.

O CASTRO DO FACHO DE DONÓN

O SANTUARIO DO DEUS BEROBREO

Un santuario é un lugar ou un templo onde se venera a imaxe ou reliquia dun santo. Tamén pode ser unha ermida.
Berobreo era un deus sanador ao que a xente acudía para pedirlle que sanase as súas doenzas.


ARA ADICADA A BEROBREO

Polo ano 1960, Enrique Massó percorreu o litoral do Morrazo na procura de información que axudase a recoñecer e identificar poboados antigos. As primeiras aras que atopou foron depositadas no Museo Municipal de Vigo "Quiñones de León".

ENRIQUE MASSÓ COAS ARAS ATOPADAS EN 1962



Enrique Massó preguntáballe aos veciños de Donón se viran algunha das "pedras" (referíase ás aras )mentres estes araban a terra ou andaban co gando polo monte. A xente de Donón lembraba estas aras porque tiñan letras e debuxos.


ÁLVAREZ BLÁZQUEZ E PEDRO DÍAZ COAS ARAS ANTES DE SER
TRASLADADAS AO MUSEO MUNICIPAL DE VIGO (1962)                  

Xa nos anos 70 Xosé Suárez Mariño, percorreu a zona e atopou máis destas aras.
Finalmente no 2003 deron comezo as primeiras escavacións arqueolóxicas dirixidas por Xosé Suárez Otero.
As aras apareceron nos arredores do monte do Facho e en total había unhas 150.

AS ARAS

Un ara é o nome latino do altar de época romana, onde habitualmente se realizaba un sacrificio simbólico ou libación (viño,aceite ou leite) en ofrenda a unha divinidade, neste caso en honor do deus Berobreo. As ofrendas realizábanse nun pequeno oco da parte superior da ara chamada focus.
A xente peregrinaba ata o cume do monte do Facho e depositaba alí a ara. Despois rezaba e facía a libación, botando leite, viño ou aceite por riba do focus e pedíalle ao deus Berobreo que os sanase. A incripción que levan as aras en latín es sempre a mesma :

"DEUS LARI BEROBREO ARAM POSUIT PRO SALUTE"
que significa : " DEUS LAR BEROBREO PÓÑOTE ESTA ARA PARA QUE ME DEAS SAÚDE".

A ara era en si mesma unha ofrenda; pero podían levar tamén outras ofrendas como colares, algunha moeda e outras descoñecidas dentro de cofres de madeira dos que so quedaron os cravos.
Pasado o tempo había tantas aras que as tiveron que facer máis delgadas e altas para que colleran todas no santuario.





lunes, 28 de noviembre de 2011

OS FAROS

ANTIGÜIDADE

A palabra faro provén dunha torre que había na antigüidade, nunha illa, a illa de PHAROS, situada fronte ao porto da antiga cidade de Alexandría (Exipto).
Os faros máis antigos que se coñecen son o que citei anteriormente e o Coloso de Rodas, unha das sete maravillas da antigüidade, que era unha enorme estatua de Apolo cun facho (antorcha) na man e que estaba situada na entrada do porto de Rodas.



POSIBLE ASPECTO DO FARO DE ALEXANDRÍA


En Galicia, temos un exemplo de faro antigo na Torre de Hércules que construiron os romanos en Galicia e que segue empregándose na actualidade.
Se queres coñecer un pouco máis sobre a historia da Torre de Hércules podes entrar no seguinte enlace do Concello de A Coruña:

A TORRE DE HÉRCULES

Erguida polos romanos entre os séculos I e II, a torre de Hércules é o faro máis antigo en funcionamento do mundo. Foi declarado Patrimonio da Humanidade no 2009.

A TORRE DE HÉRCULES
Moi preto de Vigo temos moitos montes denominados fachos, faro, que eran empregados nesas épocas para acender fogueiras e avisarse desde uns aos outros nas situacións de perigo, pero tamén para sinalar as rutas, etc., como no caso dos faros, xa que todo o noroeste da península Ibérica levaba a cabo intercambios comerciais cos pobos do Mediterráneo e por iso, precisábase sinalar as rutas.

ILLA DO FARO (CÍES)


TOPONIMIA

Na toponimia galega temos moitos nomes de lugares e montes que fan referencia aos sitios onde se facías estes sinais luminosos: Facho de Donón, Monte Faro (Domaio), Facho de Mougás, Facho de Sta. Trega, tamén sucede o mesmo no norte de Portugal. Outros topónimos relacionados coa vixilancia e sinalización son atalaia, garita,...

OS FAROS EN GALICIA

Pola noite as costas de Galicia están iluminadas por máis de 30 faros. Soen estar situados en lugares perigosos para os barcos; entre outros están : Estaca de Bares, Cabo Ortegal, Torre de Hércules, Fisterra, Cabo Vilán, ...



Na nosa ría temos os do Monte da Guía (1844), Cabo Estai (Canido),  Robaleira, Subrido e Cabo Home (preto de Donón, onde estaba o Facho), faros das Cíes, Cabo Silleiro ( entre Baiona e A Guarda)

OS TORREIROS OU FAREIROS

Hoxe os faros están mecanizados, pero durante moito tempo foi preciso que unha persoa se adicara durante día e noite a que todo funcionase de forma axeitada no faro, eran os chamados TORREIROS OU FAREIROS, vivían nos faros , polo xeral, e eran os encargados do seu funcionamento e de vixiar e dar aviso de naufraxios ou avarías. A súa vivenda soía estar situada nos edificios próximos ao faro e contaba con distintas dependencias de reducidas dimensións : cociña, cuartos, ás veces con forno adosado ao edificio. Nalgúns deles dispoñían de hortas e galiñeiros para garantir a subsistencia, xa que na maior parte dos casos a vida do fareiro  desenvolvíase nunha situación de illamento e case non podían saír do faro. O seu era un traballo moi duro, sen apenas descanso, sendo famosos pola solidariedade que había entre eles.
Eran frecuentes os comunicados que os fareiros facían aos seus superiores queixándose dos temporais que ían deteriorando o edificio e que facían moi difícil e precario habitar neles.
Moitos fareiros, ás veces, tamén facían de mestres, como sucedeu, por exemplo co fareiro das Illas Cíes, os nenos e nenas de Cíes tiñan que subir ao faro todos os días.

O INTERIOR DUN FARO

Un faro é un edificio que alberga un conxunto de mecanismos necesarios para guiar a navegación.
Xeralmente os faros construíanse coa pedra extraída das canteiras máis próximas, ferro e nos últimos anos con formigón. Erguíanse sobre a rocha nai formando nela a base para a continuación facer sobre ela a torre.


A torre pode ser de planta circular, cadrada, poligonal, etc. Sobre ela érguese  a LANTERNA, á que se chega a través dunha escaleira de caracol, ata o lugar onde se atopa a CALENDA (conxunto de ópticas) que é a que proxecta a luz e que consiste nun mecanismo no que, mediante un xogo de lentes dispostos dun xeito apropiado amplifican a luz da lámpada do faro.

FARO DO CABO PRIORIÑO

Tamén soe haber no interior do faro outros mecanismos como : DESTELLADORES, RADAR, RADIO, ...
Nalgúns casos os faros soen estar pintados de cores vermellas ou brancas, alternados algunhas veces. Estas cores son os sinais diurnos para avisar aos barcos.
A luz do faro é intermitente e ten un ritmo determinado.


FARO DE CABO  CORRUBEDO
As cartas de navegación son mapas empregados na navegación marítima que representan os accidentes da costa e do fondo mariño e indican tamén que faros se atopan en cada lugar.
Cando hai néboa, grandes ondas ou a mala visibilidade, os faros emiten sinais acústicos e radioeléctricos (radiofaros, sistemas hiperbólicos, radar, navegación por satélite). Na actualidade algúns faros modernos teñen mesmo heliportos e contan coas máis modernas comunicacións.

FARO DE CABO VILÁN

OUTROS ELEMENTOS DE SINALIZACIÓN

Ademais dos faros existen outros sinais luminosos como son : AS BALIZAS, AS BOIAS e as LUCES DO PORTO.
Unha baliza é unha torre de pedra ou formigón que se sitúa no medio do mar e soe sinalar baixos ou beiras dun canal.


FARO DE CABO CORRUBEDO

Os faros xorden pola necesidade de facer unha navegación moito máis segura e para evitar os accidentes, sobre todo pola noite, pero tamén servían para indicar a entrada dos portos e vara vixiar as posibles invasións.
Nos primeiros tempos empregaron madeira para acender o lume, máis adiante comezou a usarse velas, lámpadas de aceite e carbón, petróleo, gas e por último o uso da luz eléctrica.


O SENDEIRO GRE-9 ( Sendeiro de Gran Recorrido Europeo) e A SENDA DOS FAROS EN GALICIA.

O proxecto que se plantexa a Xunta , é o de percorrer 37 faros que hai espallados pola costa galega. A lonxitude deste traxecto galego sería duns 1.900 Km. Esta senda estaría incluída no GRE-9 que une a costa europea dende Lisboa a San Petersburgo.

Se queres ampliar a información sobre este proxecto da Xunta de Galicia preme no seguinte enlace que te dirixe a un artigo de " La Voz de Galicia":



Existe un sendeiro de gran recorrido que vai pola costa de Europa, pasando por todos os faros : trátase do GRE-9








FARO NA ILLA DE ONS


miércoles, 16 de noviembre de 2011

ACTTIVIDADE Nº 5

Se consultas a entrada de METEOROLOXÍA POPULAR poderás atopar a solución a esta actividade.


Nº 1 Un día de verán facendo un sendeiro escoitamos cantar aos grilos. Mirando ao reloxo durante 15 segundos e contando os cric-crics dos grilos contas 50 cric-crics.
Tes que tratar de averiguar que temperatura aproximada hai no aire. Na túa resposta debes explicar como o calculaste.

Nº 2 Noutro sendeiro polo bosque escoitamos durante varias ocasións un cu-cú, cu-cú,... Saberias dicir, a) en que estación do ano estamos e, b) por que o sabes?

ACTIVIDADE Nº 3

Nesta actividade terás que averiguar a que árbore corresponde cada foto; deberás indicar :

Nº da foto:......
Nome científico:.............................
Nome galego:.................................
Nome castelán:...............................

Podes consultar neste mesmo blog de sendeirismo 2 na páxina de vexetación.

A continuación tes as imaxes :

Nº1


Nº2


Nº3



Nº4


Nº5


Nº6



Nº7



Nº8



Nº9


Nº10


Nº11


Envía as túas respostas ao meu correo electrónico.

martes, 15 de noviembre de 2011

ACTIVIDADE Nº2 .OS PIÑEIROS

A IDENTIFICACIÓN DOS PIÑEIROS MEDIANTE UNHA CLAVE

As claves serven para identificar a especie dun determinado ser vivo. Aprender a empregalas é doado, só require un pouco de práctica , paciencia e ser observador. A clave que vai a continuación é válida para identificar case todos os piñeiros que hai en España.

COMO USALA :

a) Debes comezar sempre polo nº1.
b) A continuación le as dúas opcións que te ofrecen e elixe unha delas.
c) Na parte da dereita dirache o nome da especie que se trata ou te mandará a outro número.


1. Agullas de 20-30 cm de lonxitude ..........................................................................Pinus canariensis
    Agullas de menos de 20 cm de lonxitude ...............................................................Ir ao nº2
2. Agullas en grupos de 3 ...........................................................................................Pinus radiata ou insignis (Piñeiro de Monterrei)
    Agullas en grupos de 2 ............................................................................................Ir ao nº3
3. Copa densa en forma de parasol con sementes (piñóns) comestibles .....................Pineiro piñoneiro ou Pinus pinea.
    Copa irregular ou piramidal e piñóns pequenos non comestibles ...........................Ir ao nº4
4. Piñas sobre un pedúnculo propio ben visible ..........................................................Pinus halepensis ou Piñeiro carrasco.
Piñas pegadas ás pólas ou cun pequeno pedúnculo .....................................................Ir ao nº5
5. Xemas non resinosas e follas ríxidas. Copa irregular ...................................  Pinus pinaster ou Piñeiro marítimo.
Xemas resinosas e follas doutro tipo ............................................................................Ir ao nº6
6. Follas flexibles de 8-16 cm de lonxitude...................................................................Pinus nigra ou Piñeiro negral.
Follas ríxidas de 2-8 cm de lonxitude ..........................................................................Ir ao nº7
7. Parte superior do tronco alaranxada .........................................................................Pinus Sylvestris
Parte superior do tronco grisácea ................................................................................. Pinus mugo ou Piñeiro negro

ACTIVIDADE Nº 2

A continuación tes tres fotografías de piñeiros que podes atopar na nosa ría ; utilizando a clave anterior identifica a especie de que se trata.

Nº 1               NOME CIENTÍFICO.........................NOME GALEGO........................................



Nº 2  NOME CIENTÍFICO....................NOME GALEGO.........................



Nº3   NOME CIENTÍFICO................. NOME GALEGO................................




SE QUEDES ACADAR PUNTOS PARA SENDEIRISMO MANDA AS TÚAS RESPOSTAS AO MEU ENDEREZO  DE   E-MAIL.

martes, 8 de noviembre de 2011

ACTIVIDADE Nº 4

                                                                    

FOTO Nº1

Nesta 1ª fotografía tes que contestar como se chaman os montes que aparecen ao fondo  de esquerda á dereita :
1.-.............................................................(Na súa base hai petroglifos de armas)
2.-.............................................................(Nel practícase a escalada)
3.-............................................................. (Son dous montes, un deles ten unha capela)
4.-.............................................................(Nel hai restos dun castro)
5.-.............................................................( Unha parroquia de Vigo ten o mesmo nome que estes montes)


 A fotografía está tomada dende Moaña.

FOTO Nº2

Na nº 2 tes que dicir o nome deste cume. A foto está tomada dende Moaña.
Pista: Dende as fiestras do colexio podes velo.

FOTO Nº3
 Nº 3 : a)Como se chama este promontorio?
           b)Que restos arqueolóxicos (hai 2) podemos atopar no seu cume?
           c) A que deus están adicados uns achádegos que se fixeron aquí?
           d) Que significa a inscripción " DEO LARI BEROBREO ARAN POSUIT PRO SALUTE"




FOTO Nº4
A cousa vaise complicando: A ver se es quen de adiviñar e contestar ás seguintes preguntas sobre a foto nº4 :
a) Monte que ten a capela que aparece no primeiro plano.
b) Monte máis baixo a carón do monte da capela ( á súa dereita), tamén en primeiro plano.
c) Cidade que está aos pés destes dous montes e que dá nome á primeira ría que ves.
d) Península alongada ao outro lado do mar.
e) Illa alongada que se ve ao fondo.
f) Ría que se ve ao fondo que está protexida por esta illa.
g) Península que se ve ao final da foto baixo as nubes.

AXÚDATE CUN MAPA DAS RÍAS BAIXAS.

FOTO Nº5
FOTO Nº5 :
a) Como se chama esta serra?
b) En que monte preto de Tui acaba esta serra?



FOTO Nº6

FOTO Nº6 :
a) Como se chama este cabo ? (Fíxate no faro)
b) Como se chaman as illas que se ven ao fondo?


FOTO Nº7
FOTO Nº 7

a) Como se chama este monte?
b) Como se chama a capela que aparece no seu cume?
c) Que houbo neste monte na prehistoria?
d) Que houbo neste monte na Idade Media?
e) A quen pertence o escudo que hai na fachada da capela?

(No blog do sendeiro a este monte podes atopar información)


FOTO Nº 8

FOTO Nº8
a) Que dúas rías aparecen na foto?
b) Como se chama a península alongada que hai entre as dúas rías?

jueves, 3 de noviembre de 2011

METEOROLOXÍA POPULAR

ANIMAIS E PLANTAS: UNS METEORÓLOGOS MOI FIABLES

Os animais e as plantas cando se aveciñan cambios de tempo compórtanse de xeito diferente a como soen facelo habitualmente. Dende hai miles de anos o ser humano observou moi de preto ao resto dos seres vivos para predicir a chegada de épocas de seca ou de chuvia, sobre todo dende que o ser humano se fixo agricultor e gandeiro.
Algunhas aves, por exemplo, axustan os seus vos aos cambios de temperatura, humidade, presión e densidade do aire; nos días moi calorosos voan a moita altura, deixándose levar polas correntes cálidas ascendentes.
Pola contra, cando se aproxima unha tormenta o seu vo pode ser máis baixo do habitual e cunha traxectoria circular.
Cando as andoriñas e vencellos voan alto na percura de insectos é un sinal de que a atmosfera presenta signos de inestabilidade e o risco de tormenta pode ser inminente. Isto débese a que durante as tardes cálidas e abafantes, o aire quente, que pesa menos que o aire frio, ascende e lévase consigo aos insectos e son precisamente estas correntes cálidas ascendentes as que van unidas ao tempo tormentoso.

Cando regresan as aves migratorias é un signo claro de que a primavera está a piques de chegar.
O cuco : a súa chegada tamén nos indica a chegada da primavera.
Os insectos tamén son bos meteorólogos:
As abellas soen volver ao seu panal cando se aproxima unha tormenta. Cando no outono hai máis abellas do habitual e semellan moi activas nos están predicindo un inverno frío e con abondosas nevadas.
As formigas: se se amosan moi activas e marchan en liña recta indican un tempo chuvioso ou máis inestable.
Pero o insecto máis preciso á hora de darnos información sobre o tempo é o grilo. Este insecto aumenta o número de "cric-crics" a medida que sobe a temperatura do aire debido a que o aire quente acelera o seu metabolismo. Debido a este fenómeno, o grilo é un bo termómetro, xa que se contamos o número de "crics" que emiten por cada minuto poderemos calcular a temperatura aproximada do aire.
Uns científicos americanos, que estudaron durante anos a estes insectos, elaboraron unha fórmula que podemos utilizar para coñecer a temperatura aproximada do aire. A fórmula é a seguinte:

Temperatura do aire =  Nº Crics por minuto  - 9
                               5


Debemos facer como cando nos tomamos o pulso, é dicir, contar o nº de crics en 15 segundos e multiplicando por 4 obteremos o nº de crics por minuto.

Cando as vacas sentan ou agrúpanse nun extremo dun campo están indicando que vai chover. Sentan para manter a parcela de herba seca e xúntanse buscando protección.


En Estados Unidos de América existe o "día da marmota do tempo", é o día 2 de febreiro, se ese día cando sae do seu acubillo, chimpa e volve a meterse nel é porque viu a súa propia sombra e asustouse. Neste caso, permanecerá no seu acubillo hibernando 6 semanas máis. A explicación deste comportamento é que se o sol brilla intensamente no inverno e porque predomina o aire polar moi seco e frío; se non fora así a marmota non vería a súa sombra a causa da nubosidade  e un aire máis húmido e cálido indicarían que a chegada da primavera é inminente e a marmota, animal moi durmiñón, pondría fin á súa hivernación.


As rás  son expertas en  cambios da presión atmosférica xa que comezan a croar máis intensamente ante as proximidades de baixas presións (borrascas) que traen o tempo chuvioso. Tamén soportan moi mal a falta de humidade na pel; polo que, cando o aire é moi seco, permanecen máis tempo na auga e cando é algo máis húmido saen fóra.


A actividade tecedora das arañas tamén está relacionada  con situacións estables e tranquilas: tecen máis cando o tempo é mellor, e pola contra tecen menos cando o tempo é chuviosos, pois a chuvia estragaría as súas delicadas teas.


As piñas soen pecharse cando hai moita humidade e poden anticipar chuvia.