As claves serven para identificar a especie dun determinado ser vivo. Aprender a empregalas é doado, só require un pouco de práctica , paciencia e ser observador. A clave que vai a continuación é válida para identificar case todos os piñeiros que hai en España.
COMO USALA :
a) Debes comezar sempre polo nº1.
b) A continuación le as dúas opcións que te ofrecen e elixe unha delas.
c) Na parte da dereita dirache o nome da especie que se trata ou te mandará a outro número.
1. Agullas de 20-30 cm de lonxitude ..........................................................................Pinus canariensis
Agullas de menos de 20 cm de lonxitude ...............................................................Ir ao nº2
2. Agullas en grupos de 3 ...........................................................................................Pinus radiata ou insignis (Piñeiro de Monterrei)
Agullas en grupos de 2 ............................................................................................Ir ao nº3
3. Copa densa en forma de parasol con sementes (piñóns) comestibles .....................Pineiro piñoneiro ou Pinus pinea.
Copa irregular ou piramidal e piñóns pequenos non comestibles ...........................Ir ao nº4
4. Piñas sobre un pedúnculo propio ben visible ..........................................................Pinus halepensis ou Piñeiro carrasco.
Piñas pegadas ás pólas ou cun pequeno pedúnculo .....................................................Ir ao nº5
5. Xemas non resinosas e follas ríxidas. Copa irregular ................................... Pinus pinaster ou Piñeiro marítimo.
Xemas resinosas e follas doutro tipo ............................................................................Ir ao nº6
6. Follas flexibles de 8-16 cm de lonxitude...................................................................Pinus nigra ou Piñeiro negral.
Follas ríxidas de 2-8 cm de lonxitude ..........................................................................Ir ao nº7
7. Parte superior do tronco alaranxada .........................................................................Pinus Sylvestris
Parte superior do tronco grisácea ................................................................................. Pinus mugo ou Piñeiro negro
ACTIVIDADE Nº 2
A continuación tes tres fotografías de piñeiros que podes atopar na nosa ría ; utilizando a clave anterior identifica a especie de que se trata.
ACTIVIDADE Nº 2
A continuación tes tres fotografías de piñeiros que podes atopar na nosa ría ; utilizando a clave anterior identifica a especie de que se trata.
Nº 1 NOME CIENTÍFICO.........................NOME GALEGO........................................ |
Nº 2 NOME CIENTÍFICO....................NOME GALEGO......................... |
Nº3 NOME CIENTÍFICO................. NOME GALEGO................................ SE QUEDES ACADAR PUNTOS PARA SENDEIRISMO MANDA AS TÚAS RESPOSTAS AO MEU ENDEREZO DE E-MAIL. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario